Axudámosvos a soñar
cos pés na terra
Falicitamos a xestión económica e de equipo dos vosos proxectos dende unha perspectiva personalizada, integral, social e feminista
Que facemos?
Acompañamos, asesoramos e formamos en materia económica, organizativa e de traballo en equipo.
Quen somos?
Helena e Mariola, dúas profesionais do ámbito económico e do traballo grupal con amplia experiencia na creación de proxectos propios e no acompañamento e formación a outros colectivos e profesionais, así como no activismo social, económico e feminista.
A quen nos diriximos?
A empresas, organizacións sociais, cooperativas, autónomas, administracións públicas, proxectos persoais e a quen precisedes dos nosos servizos para que os vosos soños se convirtan en proxectos viables e vivibles.

Asesoramento
Acompañámosvos en tódalas fases do voso proxecto de maneira integral e adaptada ás vosas necesidades, dende unha perspectiva feminista e social que pon os coidados no centro e ten en conta as vosas realidades e a vosa esencia.
Formación
Formámosvos a través de casos prácticos e reais, para que poidades aplicar o que aprendedes ao voso proxecto dende o día 1.


Que podedes conseguir?
Autonomía na creación, desenvolvemento e posta en marcha dos vosos proxectos, coñecementos en materia económica, legal e de organización do traballo, eficacia e acción!
Traballemos xuntas no voso proxecto
Nós dámosvos as ferramentas e o soporte e vós marcades o ritmo.
