Axudámosvos a soñar
cos pés na terra

Falicitamos a xestión económica e de equipo dos vosos proxectos dende unha perspectiva personalizada, integral, social e feminista

 

Que facemos?

Acompañamos, asesoramos e formamos en materia económica, organizativa e de traballo en equipo.

Quen somos?

Helena e Mariola, dúas profesionais do ámbito económico e do traballo grupal con amplia experiencia na creación de proxectos propios e no acompañamento e formación a outros colectivos e profesionais, así como no activismo social, económico e feminista.

A quen nos diriximos?

A empresas, organizacións sociais, cooperativas, autónomas, administracións públicas, proxectos persoais e a quen precisedes dos nosos servizos para que os vosos soños se convirtan en proxectos viables e vivibles.

Asesoramento

Acompañámosvos en tódalas fases do voso proxecto de maneira integral e adaptada ás vosas necesidades, dende unha perspectiva feminista e social que pon os coidados no centro e ten en conta as vosas realidades e a vosa esencia.

 

Formación

Formámosvos a través de casos prácticos e reais, para que poidades aplicar o que aprendedes ao voso proxecto dende o día 1.

 

 

Que podedes conseguir?

Autonomía na creación, desenvolvemento e posta en marcha dos vosos proxectos, coñecementos en materia económica, legal e de organización do traballo, eficacia e acción!

 
"Decidir o prezo xusto"
5/5
"Para min foi un alivio enorme saber canto tiña que cobrar por hora e cales eran os meus dereitos á hora de cobrar: Estimar un prezo xusto e razonable para que o meu negocio fose viable".
"As relacións como equipo"
5/5
"50pés nos axudou a aterrar o noso soño, a repartir enerxías, coñecernos un pouco máis, e a ter en conta aspectos que nin nos prantexáramos como a xestión das emocións ou os económicos e financieiros, e as conexións entre eles. E, ademais, a traballar as nosas relacións como equipo, encaixando as nosas necesidades individuais no proxecto colectivo".

Traballemos xuntas no voso proxecto

 

Nós dámosvos as ferramentas e o soporte e vós marcades o ritmo.