Quen somos?
50pés consultoras somos profesionais da economía e do traballo en equipo que temos como obxectivo axudar a iniciativas empresariais e sociais a desenvolver proxectos socioeconómicos efectivos, sustentábeis e rendábeis.
Ofrecemos servizos de acompañamento integral e formación especializada dende a perspectiva feminista e economía social, tendo en conta tanto os números como as persoas.
Helena Sanmamede
economista
Formación académica en Ciencias Económicas e Empresariais (Universidade da Coruña). 20 anos de experiencia no ámbito fiscal, contable e xestión de PEMES. Os últimos 10 anos centrada na economía social e feminista e orientada á formación e asesoramento para a autonomía das persoas, profesionais e colectivos nestas materias.
Mariola Mourelo
facilitadora de grupos
Formada en xestión e facilitación de grupos polo IFACE (Instituto de Facilitación e Cambio España), e en promoción de igualdade de xénero (IEFP Victoria Kent), con experiencia na creación de proxectos profesionais e sociais propios e na formación e asesoramento a cooperativas, ONGs, asociacións e en proxectos educativos e para atividades de administracións públicas.
Visión/obxectivo global
Axudar a outras empresas, organizacións, profesionais autónomas a conseguir (o éxito nos seus) proxectos individuais e coletivos viábeis e vivíbeis
Misión/Soño/Obxectivo
Crear un proxecto profesional, útil, efectivo e pragmático con impacto nas persoas, nas comunidades e nas interaccións globais.
Valores
Autonomía, feminismo, economía social, acción, non-capitalista, colaboración, transformación, crecemento do grupo e xustiza social
Eficientes
Comprometidas
Profesionais
Somos parte de...
Agrelar Consultora e La Germinadora
Escuela Juana Millán
VIVENDA COLABORATIVA INCLUSIVA
EMPRENDEMENTO FEMINISTA NA ECONOMÍA SOCIAL
Xunto coa cooperativa de urbanismo e arquitetura Seteoitavas, e a avogada Mariola Pazos Oviedo, ofrecemos acompañamento técnico especializado na creación de proxectos de vivenda colaborativa inclusiva para coletivos, organizacións e a administración pública.
Agrelar Consultora forma parte do proxecto estatal La Germinadora con colaboradoras na Cataluña, Andalucía e Euskadi.
A Escuela de Emprendedoras Juana Míllán é unha plataforma de formación online de ámbito estatal, que ofrece acceso a formación especializada en xestión empresarial a máis de 1200 alumnas.
50pés consultoras somos as súas colaboradoras na Galiza no itinerario especializado de emprendemento en Economía Social xunto cos territorios de Canarias, Andalucía, Asturias e Madrid.