Nunha época de recesión económica, na que se deu pulo á cultura do emprendemento, moitas persoas e colectivos lánzanse á aventura de iniciar un proxecto profesional, empresarial, activista ou de vida, sen ter moitos coñecementos, máis aló da súa profesión específica, que hoxe en día son esenciais nun mundo moi complexo, tales como a xestión económica ou de grupos.