O mércores día 30 de xuño tivo lugar o Café das Mulleres Emprendedoras, organizado por . Foi un encontro cálido, a persares da virtualidade, onde coñecimos experiencias ben interesantes de mulleres provintes de eidos moi diversos pero complementarios, no que trocamos saberes e experiencias.
Con este , que foi o segundo de moitos que están por vir, estamos a construír un espazo de networking, non só para ampliar os intercambios económicos e de colaboración profesional e empresarial, senón tamén como rede de apoio nun ámbito como o empresarial que ás veces pode ser moi hostil.
Estade atentas, porque haberá máis convocatorias. Desexamos contar convosco!

