
O 12 de xullo, de 11:00 a 12:30, terá lugar o evento TECENDO REDES EMPRENDEDORAS en formato café-networking, que desenvolveremos no espazo A Morada, ubicado en Vigo na rúa Enrique X. Macías, nº6.
Teremos como anfitriona ás socias de A Morada, un espazo feminista de encontro, lecer, asesoramento e formación conectado coa comunidade e onde os coidados están no centro.
O obxectivo deste evento é múltiple.
Por unha banda a presentación da Escuela de Emprendedoras Juana Millán, que é unha plataforma de formación online de ámbito estatal, que ofrece acceso a formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en calquer fase do proceso emprendedor, xa sexa no momento inicial de arranque ou en negocios xa maduros.
Por outra banda, a presentación de 50pés consultoras como colaboradoras da Escuela de Emprendedoras Juana Millán en Galicia.
E en terceiro lugar, teremos ocasión de coñecérmonos e tercer redes con dinámicas participativas de networking e de falar de emprendemento, e en particular de emprendemento en colectivo. Se andas na procura de socias para a túa idea de proxecto ou negocio xa en marcha, este pode ser o teu lugar de encontro!
E todo isto acompañando por uns petiscos.
O evento é gratuíto para as participantes.
Para asistir é necesario cubrir este sinxelo formulario.