feminismo

Café, conversas, negocios e feminismo na Morada, Vigo

  • por

O pasado mércores 12 de abril, 50pés consultoras xunto coas anfitrionas da Morada e Outro Conto, tivemos o pracer de coñecer a diversos proxectos de negocio que están a ser liderados por mulleres en Vigo e contorna.

A Morada, un proxecto de autocoidado feminista en Vigo

Majo, Fedra e Ana son tres mulleres coas ideas moi claras e dispostas a facelas realidade.
O seu proxecto “A Morada” conxuga os coidados cos auto-coidados creando un lugar onde encontrarse, coñecerse e dar poder á interdependencia como unha ferramenta non só de resistencia senón de permitir unha vida plena e feliz.