Saltar ao contido

Poñer o teu negocio en pé – formación virtual

Se tes unha idea de negocio en mente que bule por sair e queres explorar as posibilidades reais que ten de materializarse, este é o curso perfecto para ti.

Durante 4 sesións online de dúas horas cada unha, traballaremos nos diferentes aspectos a ter en conta á hora de montar un proxecto profesional. Dende saber quen es ti como persoa emprendedora, coñecer as necesidades administrativas e de funcionamento da túa iniciativa, avaliar a súa rendabilidade e sustentabilidade, ata aprender a trallar en equipo ou en rede.

O obxectivo desta formación, de carácter eminentemente práctico, é crear un mapa claro e útil que axude ao alunado a dar os primeiros pasos na creación do seu proxecto.

As datas e temáticas decada un dos módulos son:

7 de xullo _ Coñécete a ti mesma como persoa emprendedora

14 de xullo _ Coñecer o proxecto. Comezar a concretar o soño

21 de xullo _ Coñecer o teu equipo de traballo e rede de colaboradoras

28 de xullo _ Coñecer o contexto no que nace o teu proxecto

Pódeste inscribir neste formulario.