Saltar ao contido

Obradoiro e networking “Soas ou mellor acompañadas?”

O vindeiro 15 de abril, en Santiago de Compostela, organizamos un novo encontro dentro das actividades que desenvolvemos como colaboradoras da Escuela de Emprendedoras Juana Millán en Galicia.

Un espazo pensado para todas aquelas persoas que están a valorar o emprendemento colectivo ou que xa están colaborando con outras profesionais e queren dar un paso máis na organización do seu proxecto.

Porque emprender en colectivo abre moitas posibilidades…
pero tamén trae preguntas importantes:

— Que forma xurídica nos encaixa mellor?
— Como organizarnos como equipo?
— Que implica pasar de colaborar a construír un proxecto común?

Un obradoiro para parar e pensar

Durante a sesión desenvolveremos o obradoiro:

“Soas ou mellor acompañadas?”

Un espazo para analizar as diferentes fórmulas de emprendemento colectivo dentro da economía social, compartir experiencias e poñer sobre a mesa os retos e oportunidades de traballar en equipo.

Desde 50pés consultoras abordamos estes procesos desde unha mirada integral, na que teñen tanto peso os números como as relacións, a organización interna e os coidados do equipo.

Tecendo redes: café e encontro

Ademais do contido máis reflexivo, o encontro incluirá un espazo de café-networking con dinámicas participativas, pensado para:

— coñecérmonos
— compartir experiencias
— xerar conexións
— e, por que non, atopar futuras socias

Porque sabemos que moitos proxectos nacen precisamente destes espazos informais onde se cruzan ideas, necesidades e ganas de facer cousas xuntas.

Presentación de proxectos

Durante o encontro tamén haberá un momento para coñecer iniciativas que promotoras e colaboradoras neste encontro:

— A Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha plataforma de formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en diferentes fases do seu proxecto
— O proxecto de 50pés Consultoras, no que traballamos acompañando a empresas e organizacións a construír proxectos viables, sostibles e coherentes cos seus valores
— E o espazo anfitrión, Creativas Galegas, unha cooperativa que impulsa e visibiliza profesionais do eido cultural galego

Información práctica

📅 Data: 15 de abril
⏰ Hora: 11:00 – 13:00
📍 Lugar: Creativas Galegas, rúa Caldeirería, nº 36, Santiago de Compostela

A actividade é gratuíta, pero require inscrición previa, xa que as prazas son limitadas. Podes facelo a través deste formulario.

Un espazo para construír en colectivo

Este encontro é unha invitación a parar, reflexionar e conectar.

A pensar se queremos seguir soas… ou acompañadas.
A entender que emprender en colectivo non é só unha decisión xurídica, senón tamén organizativa, relacional e estratéxica.

E, sobre todo, a lembrar que tecer redes tamén é parte do proceso emprendedor.

Agardámoste para compartilo 💜

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *