Saltar ao contido

Nova edición do curso”Poñer o teu negocio en pé” – outubro 2022

Se tes unha idea de negocio en mente que bule por sair e queres explorar as posibilidades reais que ten de materializarse, este é o curso perfecto para ti.

O obxectivo desta formación, de carácter eminentemente práctico, é crear un mapa claro e útil que axude ao alunado a dar os primeiros pasos na creación do seu proxecto.

Traballaremos nos diferentes aspectos a ter en conta á hora de montar un proxecto profesional. Dende saber quen es ti como persoa emprendedora, coñecer as necesidades administrativas e de funcionamento da túa iniciativa, avaliar a súa rendabilidade e sustentabilidade, ata aprender a trallar en equipo ou en rede.

CONTIDOS

Módulo 1 _ Coñécete a ti mesma como persoa emprendedora

Neste primeiro módulo centrarémonos en ti como persoa emprendedora, explorando os teus desexos, necesidades e expectativas á hora de montar un negocio.

Módulo 2 _ Coñecer o proxecto. Comezar a concretar o soño

A través dunha combinación de teoría e práctica, ollarás a túa idea dende diferentes perspectivas, creando un mapa cos pasos necesarios para poñer o teu negocio en marcha.

Módulo 3_ Coñecer o teu equipo de traballo e rede de colaboradoras

Veremos recursos e ferramentas de comunicación e organización que poden ser de utilidade para o traballo en equipo, con profesionais externas e para relacionarse efectivamente coa túa clientela e proveedoras.

Módulo 4 _ Coñecer o contexto no que nace o teu proxecto

Nesta última sesión integraremos todo o aprendido, incidindo nos factores persoais, económicos e de espazo e tempo en que vivimos, e como poden afectar ao teu proxecto.

Ao finalizar os catro módulos terás unha folla de rota personalizada para continuar a avanzar no teu proxecto.

NOVO FORMATO

Nesta nova edición queremos facilitar o acceso á máis persoas que pola súa vida laboral ou persoal encontran dificil asistir a sesións en horarios específicos. Apostamos por un formato virtual híbrido (tempo real e diferido) no que combinamos o acceso á videograbacións coa exposición teórica de cada módulo, xunto con mentorías grupais online a tempo real para clarificar as dúbidas xurdidas nos mesmos.

CÓMO SE ORGANIZA?

Durante as primeiras 4 semanas, do luns 17 de outubro ao luns 14 de novembro, enfocarémonos na impartición dos 4 módulos temáticos do curso, que poderán ser visualizados no momento en que mellor lle vaia ao alunado, e con materiais disponibeis para realizar as tarefas de forma autónoma.

No final de cada semana, abriranse as mentorías grupais para clarificar dúbidas concretas sobre cada módulo e compartir o progreso que vaia facendo cada estudante. Estas serán en diferentes días e horarios para dar máis opcións de asistencia:

  • Luns 24 de outubro ás 18:00.
  • Mércores 2 de novembro ás 9:30.
  • Luns 7 de novembro ás 18:00.
  • Mércores 16 de novembro ás 9:30.

Nas seguintes 4 semanas, do luns 14 de novembro ao luns 19 de decembro o acceso aos materiais do curso continuará en aberto para permitir que revises o aprendido, e completes as tarefas propostas ao teu ritmo.

PREZO E INSCRIPCIÓN

O prezo do curso é de 60€.

Contáctanos se tes dificultades económicas en asumir a totalidade do custo da formación para avaliar outras posibilidades.

Pódeste inscribir ate o 16 de outubro neste formulario.

Complementando o aprendido neste curso ofecemos asesoramento individualizado a un prezo especial para alunado desta formación. Consúltanos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *