Se tes unha idea de negocio en mente que bule por sair e queres explorar as posibilidades reais que ten de materializarse, este é o curso perfecto para ti.
Durante 4 sesións online de dúas horas cada unha, traballaremos nos diferentes aspectos a ter en conta á hora de montar un proxecto profesional. Dende saber quen es ti como persoa emprendedora, coñecer as necesidades administrativas e de funcionamento da túa iniciativa, avaliar a súa rendabilidade e sustentabilidade, ata aprender a trallar en equipo ou en rede.
O obxectivo desta formación, de carácter eminentemente práctico, é crear un mapa claro e útil que axude ao alunado a dar os primeiros pasos na creación do seu proxecto.

PROGRAMA DO CURSO
Módulo 1: Coñécete a ti mesma como persoa emprendedora.
Neste primeiro módulo centrarémonos en ti como persoa emprendedora, explorando os teus desexos, necesidades e expectativas á hora de montar un negocio.
Módulos 2. Coñecer o proxecto. Comezar a concretar o soño.
A través dunha combinación de teoría e práctica, ollarás a túa idea dende diferentes perspectivas, creando un mapa cos pasos necesarios para poñer o teu negocio en marcha.
Módulo 3. Coñecer o teu equipo de traballo e rede de colaboradoras
Veremos recursos e ferramentas de comunicación e organización que poden ser de utilidade para o traballo en equipo, con profesionais externas e para relacionarse efectivamente coa túa clientela e proveedoras.
Módulo 4. Coñecer o contexto en que nace o teu negocio
Nesta última sesión integraremos todo o aprendido, incidindo nos factores persoais, económicos e de espazo e tempo en que vivimos, e como poden afectar ao teu proxecto.
Ao finalizar os catro módulos terás unha folla de rota personalizada para continuar a avanzar no teu proxecto.
As sesións terán lugar os catro venres de febreiro de 18:00 a 20:00 en formato online.
O prezo do curso é de 60€.
Contáctanos se tes dificultades económicas en asumir a totalidade do custo da formación para avaliar outras posibilidades.
FAI A TÚA RESERVA cubrindo este formulario antes do 4 de febreiro https://forms.gle/j8BoxT4BrPJmUG6A7
Alén das sesións grupais, que integran este curso, ofrecemos asesoramento individualizado para aquelas persoas interesadas, a un prezo especial para alunado desta formación.
+ Info: 50pesconsultoras@gmail.com