Adquire ferramentas para emprender o teu negocio
Nova proposta formativa de 50pés consultoras comezando o 9 de abril de 2021 – formato virtual
Con esta formación de 6 módulos de 2 horas cada un, en 50pés consultoras queremos darte o impulso que precisas para poñer en marcha a túa idea de proxecto, ou abrir esa nova líña de negocio que che bule na cabeza.
Cun carácter eminentemente práctico e interactivo adquirirás as ferramentas e coñecementos básicos que precisas para concretar e tomar decisións que mellor se adapten a ti e a túa iniciativa.
Este é un curso apto para o emprendemento individual ou colectivo, coa intención de axudar a ver as diferentes opcións organizativas, de financiamento e de desenvolvemento de ideas existentes, tanto para as fases iniciais, como de transformación e crecemento do teu proxecto.
Reserva o teu lugar agora cubrindo este FORMULARIO INSCRIPCIÓN antes do 7 de abril de 2021
Se tes calquera dúbida podes contactarnos en 50pesconsultoras@gmail.com
PROGRAMA
Módulo 1. Formas xurídicas e organización – 9/04
Módulo 2. Que quero vender? Produto e servizo – 16/04
Módulo 3. Financiamento. Como me relaciono co diñeiro? – 23/04
Módulo 4. Ferramentas de traballo 1. Dixitais e analóxicas – 30/04
Móculo 5. Ferramentas de traballo 2. Dixitais e analóxicas – 03/05
Módulo 6. Coidar o proxecto. Regulamento interno – 10/05
Os módulos terán lugar os venres de 18:00 a 20:00 a través da plataforma de videoconferencias Zoom.
É necesario ter un dispositivo como un computador ou mobil, cámara web, e conexión estable de internet
Precio do curso: 130€