Casula formativa en liña o 9 de xaneiro
“Como comunicarte coa túa asesoría fiscal”
Comprendes a xerga fiscal e coñeces o funcionameto básico dos impostos do IVE, do IRPF e do Imposto de Sociedades? Entendes a información e documentación que te remite a asesoría? Tes claro a que corresponden os importes dos impostos que pagas trimestral e anualmente?
Nesta casula orientada a autónomas e empresas, coñeceremos algúns detalles do traballo da asesoría para podermos comprender o que fan pola nosa empresa e que traballos e información podemos solicitarlle.
Inscripcións: link de formulario
Investimento: 30€
Data: martes 9 de xaneiro 2024 de 17:00 a 19:00
Formato: en liña, a sesión será gravada e dispoñibel por un mes para as persoas inscritas.
Proximas formacións
- Febreiro/marzo 2024: Clicks para teu Plan de Empresa | online – Escola Étikas: Helena Sanmamede
- Abril/maio 204: Somos un equipo | online – Mariola Mourelo