Por que un bon coñecemento das relacións humanas nos grupos nos axuda na lideranza e na organización da empresa?
O próximo mércores 17 de novembro ás 19h en formato en liña, 50pés consultoras temos unha nova formación gratuita na que falaremos da importancia que, como persoas emprendedoras, ten adquirir coñecementos sobre as relacions interpersoais, co fin de ser capaces de crear espazos de traballo colaborativos e efectivos.
Mariola Mourelo, co-fundadora con Helena Sanmamede de 50pés consultoras, facilitadora de grupos formada no IIFACE (Instituto de Facilitación y Cambio) e con extensa experiencia no traballo en colectivo, tanto como creadora e participante de proxectos sociais e laborais, como acompañando a grupos e persoas individuais no seu proceso creativo, daranos algunhas dicas básicas sobre este fascinante e imprescindible tema.
A actividade é gratuíta. Inscríbete agora AQUI
Se queres participar via Zoom aqui tes o link para entrar https://us02web.zoom.us/j/82686598903?pwd=aDZIQ3VMUnB1UjZqRVc5L095NVFFdz09
Meeting ID: 826 8659 8903
Passcode: 082872