Se tes unha idea de negocio en mente que bule por sair e queres explorar as posibilidades reais que ten de materializarse, este é o curso perfecto para ti.
O obxectivo desta formación, de carácter eminentemente práctico, é crear un mapa claro e útil que axude ao alunado a dar os primeiros pasos na creación do seu proxecto.
Traballaremos nos diferentes aspectos a ter en conta á hora de montar un proxecto profesional. Dende saber quen es ti como persoa emprendedora, coñecer as necesidades administrativas e de funcionamento da túa iniciativa, avaliar a súa rendabilidade e sustentabilidade, ata aprender a trallar en equipo ou en rede.
CONTIDOS
Módulo 1 _
Neste primeiro módulo centrarémonos en ti como persoa emprendedora, explorando os teus desexos, necesidades e expectativas á hora de montar un negocio.
Módulo 2 _
A través dunha combinación de teoría e práctica, ollarás a túa idea dende diferentes perspectivas, creando un mapa cos pasos necesarios para poñer o teu negocio en marcha.
Módulo 3_
Veremos recursos e ferramentas de comunicación e organización que poden ser de utilidade para o traballo en equipo, con profesionais externas e para relacionarse efectivamente coa túa clientela e proveedoras.
Módulo 4 _
Nesta última sesión integraremos todo o aprendido, incidindo nos factores persoais, económicos e de espazo e tempo en que vivimos, e como poden afectar ao teu proxecto.
Ao finalizar os catro módulos terás unha folla de rota personalizada para continuar a avanzar no teu proxecto.
FORMATO
Nesta edición seguimos apostando por un formato virtual híbrido (tempo real e diferido) no que combinamos o acceso á videograbacións coa exposición teórica de cada módulo, xunto con mentorías grupais online a tempo real para clarificar as dúbidas xurdidas nos mesmos.
Desta maneira facilitamos o acceso á máis persoas que pola súa vida laboral ou persoal encontran dificil asistir a sesións en horarios específicos.
CÓMO SE ORGANIZA?
Durante as primeiras 4 semanas, do luns 17 de outubro ao luns 14 de novembro, enfocarémonos na impartición dos 4 módulos temáticos do curso, que poderán ser visualizados no momento en que mellor lle vaia ao alunado, e con materiais disponibeis para realizar as tarefas de forma autónoma.
No final de cada semana, abriranse as mentorías grupais para clarificar dúbidas concretas sobre cada módulo e compartir o progreso que vaia facendo cada estudante. Estas serán en diferentes horarios para dar máis opcións de asistencia:
- Mércores 15 de febreiro ás 9:30.
- Mércores 22 de febreiro ás 18:00.
- Mércores 1 de marzo ás 9:30.
- Mércores 8 de marzo ás 18:00.
Nas seguintes semanas ate o 6 de abril o acceso aos materiais do curso continuará en aberto para permitir que revises o aprendido, e completes as tarefas propostas ao teu ritmo.
PREZO E INSCRIPCIÓN
O prezo do curso é de 60€.
Contáctanos se tes dificultades económicas en asumir a totalidade do custo da formación para avaliar outras posibilidades.
Pódeste inscribir ate o 8 de febreiro neste
Complementando o aprendido neste curso ofecemos asesoramento individualizado a un prezo especial para alunado desta formación. Consúltanos.