Saltar ao contido

Curso en liña: Somos un equipo!

Somos un equipo! Fundamentos do traballo en grupo

Xestionas ou es parte dun equipo de traballo, ou estás prestes a selo? Queres gañar habilidades para sentirte á vontade interacionando co resto de compañeir@s ou coas persoas que tes a cargo?

Neste curso en liña aprenderemos as bases fundamentais para poder manexarse de forma colaborativa, eficaz e coidadosa coas persoas, tanto se és ti a persoa a coordinar un equipo, como se es parte del.

Tanto se é a túa primeira experiencia co traballo en equipo, como si é o teu medio habitual, podemos axudarte a comprender mellor como funciona un grupo, cales son as dinámicas e interacións que se xeran, e de que maneira ti podes achegar os teus coñecementos e impulsar as túas habilidades e aprendizaxes coas das outras persoas.

Ao longo de 4 semanas abordaremos 4 áreas fundamentais de forma teórica e práctica.

? ?ó???? ?: ?????????????? ? ????? | Habilidades individuais para o traballo con e en equipo e roles que colaboran na creación e desenvolvemento dos grupos.

? ?ó???? ?: ? ????? ???? ?????????? | Elementos que conforman un equipo de traballo: visión, obxectivos, propósito e interacción entre as persoas.

? ?ó???? ?: ??????????ó? ???????? ? ???????? | A comunicación como ferramenta de motivación, organización e de prevención e xestión de conflitos.

? ?ó???? ?: ????????? ???????????? ?á???? ???? ???????? | Identificación e análise das áreas básicas sobre as que se sustenta un proxecto grupal: toma de decisións, creatividade, xestión das diferenzas e cohesión grupal.


Imparte Mariola Mourelo, socia de 50pés consultoras, formada en facilitación de grupos polo IIFACE (Instituto de Facilitación y Cambio), con ampla experiencia no traballo en equipo, e especializada na creatividade e indagación e xestión das diferenzas e procesos grupais.

?️ DATAS: Xoves 9, 16, 23 e 30 de maio

? HORARIO: 17:00 A 19:00

? PREZO: 110€ (IVE incluído); desconto do 10% para dúas ou máis persoas inscritas pola mesma organización

⏳As gravacións e materiais do curso estarán disponibeis na nosa plataforma por un período de 6 meses

?️ Recoméndase asistencia ás sesións para sacar o máximo proveito da interacción co grupo e coa formadora, pero tamén serán grabadas para ter como referencia ou para aquelas persoas que non podan asistir a algunha delas.

I̳N̳S̳C̳R̳I̳C̳I̳Ó̳N̳S̳ ̳:̳ https://forms.gle/zxr37P2mfuSH6cHe9

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *