Na terraza do Recuncho de Esmeralda, en frente da Escola Pablo Picasso, na zona de Beiramar da Coruña, encontrámonos un grupo de mulleres para falar dos nosos soños realizador e por realizar. Algunhas con anos detrás construíndo o seu proxecto, outras con ideas burbulleantes que acaban de nacer, todas con moita ilusión e vontade de compartir experiencias, opinións, e boas palabras ás compañeiras.
50pés consultoras continuaremos a promover estes espazos porque son unha parte moi importante dos nosos valores, a visibilización e creación de rede de mulleres emprendedoras, sexa no social como no laboral, e sobretodo no vital. Apoiando ás demais, apoiámonos a todas, e apoiándonos todas, cada unha de nós é tamén parte desa repartición de riqueza que vai alén do diñeiro, e que transcende e derrota as dinámicas de competitividade e soedade que o sistema capitalista nos impón.
Grazas a todas as que participáchedes. Vémonos na próxima
Participantes no Café 3: O Recuncho de Esmeralda, Língua Trabada, Mapi Baez, OKO’A, Deindo Ideas, SLU, Rosa Cillero, Aurora Tasende, Vanessa, Rosalía, Étikas, ffotoeduca e 50pés consultoras.