O pasado mércores 12 de abril, 50pés consultoras xunto coas anfitrionas da Morada e Outro Conto, tivemos o pracer de coñecer a diversos proxectos de negocio que están a ser liderados por mulleres en Vigo e contorna.
Comunicación, educación ambiental, networking, avogacía, coaching, nutrición, anti-estética, aloxamento, memoria… están entre as áreas representadas no café, abordando tanto a motivación que nos leva a emprender negocios de forma autónoma, como as dificuldades que nos podemos encontrar no camiño.
Facemos unha valoración moi positiva da xornada, confirmando o importante que é crear redes locais, onde poder encontrarnos con outras persoas con experiencias similares, coas que poder compartir estratexias e solucións, e iniciar colaboracións profesionais. Especialmente en espazos de mulleres, que aborden de forma prioritaria as nosas necesidades e potencialidades específicas, para por fin, poder crear xuntas un contexto empresarial máis efectivo e igualitario.
Os proxectos que asistiron ao 4º Café de Mulleres Emprendedoras de Vigo son:
- 50pés consultoras
- A ledicia das palabras
- ALALA S.COOP. GALEGA
- A MORADA COOPERATIVA
- Bolboradas
- Coaching para creadores, creativos y personas con TDAH
- Consulta Y Crece Networking
- Contrapunto Abogados
- Cuarzo Verde S. Coop. Galega
- Isabel Pereira Arias – avogada
- Lar Atlántica e Néboa concept
- Lar de Sopas
- Lumareda (audiovisual, teatro e formación)
- Outro Conto