Saltar ao contido

Novo servizo “AvaliAccións anuais” para o teu negocio

En 50pés consultoras identificamos unha necesidade común nos proxectos socioeconómicos que acompañamos, así como na nosa propia experiencia como mulleres emprendedoras: avaliar o traballo feito de forma periódica.

Darnos tempo para pensar sobre o que ten ido ben ou mal, recoller dados que nos devolvan información precisa sobre o noso negocio, poder valorar as necesidades e melloras a abordar nun contexto cambiante, sexa como proxecto individual ou colectivo.

No caso do traballo en equipo, poder poñer en común as diferentes perspectivas e ter unha visión global do proxecto onde tódalas voces sexan escoitadas.

Por que é útil facer unha avaliAcción anual?

Facer unha avaliación anual, revisando todo un ano de actividade, axúdanos a tomar perspectiva e utilizar as aprendizaxes vividas para construír un futuro con máis consciencia e forza, e facer o noso negocio máis sustentábel.

Por que avaliAcción?

Por que aínda que o enfoque deste servizo está na avaliación anual do negocio, consideramos que toda avaliación debe dirixirse cara a tomar accións que poñan en práctica as aprendizaxes adquiridas. Por iso incluiremos como parte do proceso a identificación de propostas e ideas a desenvolver que sexan úteis para o traballo posterior de planificación estratéxica anual, ou otros servizos que sexan requeridos.

Que ofrecemos en 50pés consultoras?

Tendo en conta a dificultade de compaxinar o traballo organizativo e produtivo do día a día, coa organización dunha actividade/evento destas características, en 50pés consultoras ofrecemos un servizo concreto e específico, recollendo a información económica e de valoración das diferentes áreas do negocio, e facilitando un espazo de exposición, posta en común e diálogo colaborativo para que as entidades e empresas asumilo e desfrutar dos seus beneficios de forma máis cómoda.

 
Contáctanos para coñecer máis sobre este servizo.

Outros servizos complementarios:

  • Acompañamento para o plan estratéxico (anual): identificación de metas específicas e delineación das accións necesarias para alcanzalas. Serve como guía para orientar as actividades e decisións da organización, axudando a garantir que tódalas persoas estexan aliñadas cos obxectivos comúns. 
  • Revisión de visión dun proxecto socioeconómico: análise do estado actual dunha entidade xa en funcionamento con respecto aos resultados económicos, ás expectativas e necesidades iniciais das persoas, do negocio e do equipo de traballo. Serve para a toma de decisións necesaria para construír o futuro do proxecto.
  • Xestión de diferenzas e conflitos: creación de espazos seguros e conscientes para a identificación e análise das diferentes perspectivas existentes no proxecto cara o desenvolvemento de propostas que den resposta as necesidades do proxecto e das persoas que o conforman.
  • Planificación orzamentaria: como asignar os recursos para conquerir os obxectivos da empresa. Isto implica unha estimación de ingresos e gastos futuros.
  • Revisión da estratexia salarial e organización do traballo: como distribuir a riqueza xerada pola empresa entre os diferentes cargos e persoas responsábeis, e identificación e distribución das tarefas necesarias para o funcionamento do negocio.
  • Xestión administrativa: acceder a coñecementos e ferramentas para unha xestión económico-administrativa eficiente e eficaz, que permita a obtención do máximo de información para a toma de decisións.