Como entedemos a facilitación de grupos en 50pés consultoras

En 50pés consultoras traballamos con grupos, equipos e proxectos que queren avanzar sen perderse polo camiño.
Cooperativas, asociacións, vivendas colaborativas, empresas con teletraballo, equipos diversos, proxectos liderados por mulleres ou iniciativas individuais que medran e se transforman: contextos distintos cunha necesidade común, aprender a traballar en grupo dun xeito máis consciente, sostible e humano.
Dentro da nosa actividade de asesoramento e formación para proxectos e emprendementos sociais e empresariais, integrar a facilitación é unha parte central de todos os nosos servizos, e unha das nosas características diferenciadoras.
Que entendemos por facilitar?
Facilitar é coidar o proceso colectivo para que un grupo poida:
- Escoitar todas as voces
- Clarificar tensións e necesidades
- Tomar decisións compartidas
- Xestionar conflitos
- Revisar o camiño percorrido e redefinir obxectivos
A facilitación non decide polo grupo nin entra nos contidos técnicos. Confía na súa sabedoría e crea as condicións para que emerxa, especialmente cando hai sobrecarga, bloqueo ou desgaste.
Por que é importante?
Os proxectos non se sosteñen só con boas ideas ou moito compromiso.
Sostéñense con relacións coidadas, procesos claros e espazos regulares de revisión.
Cando isto falla, aparecen:
- Cansazo
- Conflitos recurrentes
- Desorganización
- Perda de propósito e motivación
Cando se coida, melloran as decisións, a corresponsabilidade e a viabilidade dos proxectos.
A nosa maneira de facilitar
En 50pés conectamos a facilitación coa estratexia, a planificación e a dimensión económica dos proxectos.
Traballamos desde a:
- Confianza no grupo
- Escoita activa
- Claridade de roles e procesos
- Revisión periódica
- Coidado das persoas e das relacións
Facilitar é parar para avanzar mellor. É coidar o invisible que sostén todo o demais.
E iso forma parte de como traballamos en todos os nosos servizos: desde o asesoramento á formación, desde proxectos colectivos ata iniciativas individuais, sempre co compromiso de facer os proxectos viables e vivibles.
Mariola Mourelo, da equipa de 50pés, está formada e é socia do IIFACE (Instituto de Facilitación e Cambio), o que garante que o noso enfoque segue estándares profesionais e boas prácticas do sector.
