Majo, Fedra e Ana son tres mulleres coas ideas moi claras e dispostas a facelas realidade.
O seu proxecto “A Morada” conxuga os coidados cos auto-coidados creando un lugar onde encontrarse, coñecerse e dar poder á interdependencia como unha ferramenta non só de resistencia senón de permitir unha vida plena e feliz.
Tivemos a sorte de ver como ían encaixando os soños destas 3 mulleres, tanto na parte económica como grupal, e é un pracer ver como tamén se lles dá visibilidade nos medios de comunicación da súa cidade. Un orgullo para todas/os.
Teñen previsto abrir as portas do seu local na rúa Enrique Xabier Macías en abril, de Vigo. Xa estamos desexando entrar nesa morada para tod@s.
Para máis información e para ofrecer apoio e colaboración podedes escribirlles ao seu email amoradacooperativa@gmail.com
#amoradacooperativa
fotografía propiedade de Faro de Vigo
Acabo de descubrir os parece me unha idea increíble e quero compartir e estar na morada gracias