Abre en Arteixo “A Despensa que Pensa. Tenda sostible” un proxecto respectuoso coa producción e consumo local, sán e de calidade, soñado e xestionado por Ana Recarey.
En 50pés consultoras coñecemos a Ana no inicio deste ano cando estaba xa a colocar as peciñas da súa idea de negocio no mundo real, e tivemos a sorte de poder acompañala nalgúns deses pasos que foi dando ata dar vida á “Despensa que pensa”.
Non tiñamos dúbida de que o ía conseguir, determinación e forza nunca lle faltaron.
Xa con vontade de visitar o seu local e unirnos ao seu grupo de consumidoras
A Despensa que pensa está na Avenida do Balneario, 31 en Arteixo (A Coruña). Podes seguila nas redes sociais: facebook, instagram e na súa web www.adespensa.gal (en construcción)
Fotografías propiedade da Despensa que pensa