PRESENCIAL. SÁBADO 9 DE OUTUBRO DE 12:00 A 14:00
Seguimos facendo medrar a rede de mulleres emprendedoras, nesta ocasión de xeito presencial e ben acollidas por outra emprendedora no seu local “O Recuncho de Esmeralda” (rúa Pelamios, 7. A Coruña).
Estes cafés teñen unha dupla intencionalidade: por unha banda, propiciar os intercambios económicos e aumentar o número da nosa clientela potencial; e por outra banda, tecer unha rede de apoio e aprendizaxe mutuas que nos podan servir de respaldo na aventura empresarial.
O encontro será guiado por
, para crear un ambiente relaxado e distendido e podermos Conversar sobre os nosos Proxectos e trocar experiencias.É un evento gratuíto ao que poderás inscribirte antes do 8 de outubro no seguinte formulario.
Esperámoste!!

Apuntome encantada o café de mulleres emprendedoras
Ola Vanesa
estupendo. Se queres engadímoste á nosa lista de emails para informarte directamente dos próximos cafés, senon por aqui e polas redes sociais iremos anunciándoos.
Unha aperta 😉