FORMACIÓN: “Poñer o teu negocio en pé” – febreiro 2022

  • por

Se tes unha idea de negocio en mente que bule por sair e queres explorar as posibilidades reais que ten de materializarse, este é o curso perfecto para ti.

Durante 4 sesións online de dúas horas cada unha, traballaremos nos diferentes aspectos a ter en conta á hora de montar un proxecto profesional. Dende saber quen es ti como persoa emprendedora, coñecer as necesidades administrativas e de funcionamento da túa iniciativa, avaliar a súa rendabilidade e sustentabilidade, ata aprender a trallar en equipo ou en rede.

O obxectivo desta formación, de carácter eminentemente práctico, é crear un mapa claro e útil que axude ao alunado a dar os primeiros pasos na creación do seu proxecto.

As datas e temáticas decada un dos módulos son:

2 de febreiro _ Coñécete a ti mesma como persoa emprendedora

Neste primeiro módulo centrarémonos en ti como persoa emprendedora, explorando os teus desexos, necesidades e expectativas á hora de montar un negocio.

9 de febreiro _ Coñecer o proxecto. Comezar a concretar o soño

A través dunha combinación de teoría e práctica, ollarás a túa idea dende diferentes perspectivas, creando un mapa cos pasos necesarios para poñer o teu negocio en marcha.

16 de febreiro _ Coñecer o teu equipo de traballo e rede de colaboradoras

Veremos recursos e ferramentas de comunicación e organización que poden ser de utilidade para o traballo en equipo, con profesionais externas e para relacionarse efectivamente coa túa clientela e proveedoras.

23 de febreiro _ Coñecer o contexto no que nace o teu proxecto

Nesta última sesión integraremos todo o aprendido, incidindo nos factores persoais, económicos e de espazo e tempo en que vivimos, e como poden afectar ao teu proxecto.

Ao finalizar os catro módulos terás unha folla de rota personalizada para continuar a avanzar no teu proxecto.

As sesións terán lugar en horario de 18:00 a 20:00 en formato online.

O prezo do curso é de 60€.

Contáctanos se tes dificultades económicas en asumir a totalidade do custo da formación para avaliar outras posibilidades.

Pódeste inscribir ate o 31 de xaneiro neste formulario.

Alén das sesións grupais, que integran este curso, ofrecemos asesoramento individualizado para aquelas persoas interesadas, a un prezo especial para alunado desta formación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *