Saltar ao contido

Como foi o café de emprendedoras de outubro?

Na terraza do Recuncho de Esmeralda, en frente da Escola Pablo Picasso, na zona de Beiramar da Coruña, encontrámonos un grupo de mulleres para falar dos nosos soños realizador e por realizar. Algunhas con anos detrás construíndo o seu proxecto, outras con ideas burbulleantes que acaban de nacer, todas con moita ilusión e vontade de compartir experiencias, opinións, e boas palabras ás compañeiras.

50pés consultoras continuaremos a promover estes espazos porque son unha parte moi importante dos nosos valores, a visibilización e creación de rede de mulleres emprendedoras, sexa no social como no laboral, e sobretodo no vital. Apoiando ás demais, apoiámonos a todas, e apoiándonos todas, cada unha de nós é tamén parte desa repartición de riqueza que vai alén do diñeiro, e que transcende e derrota as dinámicas de competitividade e soedade que o sistema capitalista nos impón.

Grazas a todas as que participáchedes. Vémonos na próxima

Participantes no Café 3: O Recuncho de Esmeralda, Língua Trabada, Mapi Baez, OKO’A, Deindo Ideas, SLU, Rosa Cillero, Aurora Tasende, Vanessa, Rosalía, Étikas, ffotoeduca e 50pés consultoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio está protexido por reCAPTCHA e GooglePolítica de Privacidade eCondicións de servicio aplicar.

O período de verificación de reCAPTCHA caducou. Volve cargar a páxina.