Saltar ao contido

3º CAFÉ DAS MULLERES EMPRENDEDORAS

PRESENCIAL. SÁBADO 9 DE OUTUBRO DE 12:00 A 14:00

Seguimos facendo medrar a rede de mulleres emprendedoras, nesta ocasión de xeito presencial e ben acollidas por outra emprendedora no seu local “O Recuncho de Esmeralda” (rúa Pelamios, 7. A Coruña).

Estes cafés teñen unha dupla intencionalidade: por unha banda, propiciar os intercambios económicos e aumentar o número da nosa clientela potencial; e por outra banda, tecer unha rede de apoio e aprendizaxe mutuas que nos podan servir de respaldo na aventura empresarial.

O encontro será guiado por 50pés consultoras, para crear un ambiente relaxado e distendido e podermos Conversar sobre os nosos Proxectos e trocar experiencias.

É un evento gratuíto ao que poderás inscribirte antes do 8 de outubro no seguinte formulario.

Esperámoste!!

2 pensamentos sobre “3º CAFÉ DAS MULLERES EMPRENDEDORAS”

    1. Ola Vanesa
      estupendo. Se queres engadímoste á nosa lista de emails para informarte directamente dos próximos cafés, senon por aqui e polas redes sociais iremos anunciándoos.

      Unha aperta 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *